Crear mais solo empresarial e industrial para A Pobra: o acordo entre o SEA e o Concello

29 Agosto 2023

A xerente da Sociedade Estatal “Suelo Empresarial do Atlántico, SEA”, Beatriz Sestayo, reuniuse esta mañá co novo alcalde da Pobra do Caramiñal, José Carlos Vidal, para analizar a necesidade de chan industrial na comarca.

Na reunión, celebrada na sede de “SEA” en Santiago de Compostela, participou tamén o concelleiro de Urbanismo, Xosé Lois Piñeiro.

No encontro, no marco das reunións previstas coas novas corporacións municipais, Beatriz Sestayo reiterou o seu compromiso coa creación de novo chan industrial na Pobra, ante o esgotamento dos terreos dispoñíbeis no Polígono da Tomada e a demanda existente.

A xerente de “SEA” lembrou que xa nos últimos anos expuxera a necesidade de impulsar novo chan empresarial e industrial, despois de que se esgotaron os 106.350 metros cadrados dispoñibles da última ampliación da Tomada.

Neste sentido, na reunión confirmouse a vontade de ambas as administracións por traballar de forma conxunta para dar resposta ás necesidades de chan da zona.

O alcalde da Pobra e o edil de Urbanismo comprometéronse a valorar as distintas opcións que se expoñen para facer chegar as súas propostas de forma concreta a “SEA”.

A última ampliación do polígono da Tomada, acometida por “SEA”, atraeu a empresas como CONGALSA e Alicrusa, e a diversas compañías vinculadas, en gran medida, ao sector pesqueiro, conserveiro e de conxelado de peixe.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.