O Concello de Porto do Son retira novos depósitos ilegais de lixo e fai un chamamento ao civismo en relación ao uso dos contedores

31 Agosto 2023

O Concello de Porto do Son realizou este mes de agosto un labor intensivo de recollida de refugallos depositados de xeito incorrecto a carón dos diferentes puntos de recollida de lixo do municipio, labor co que, máis alá do estritamente ambiental (os depósitos ilegais son altamente contaminantes, producen cheiros e, ademais, afean a contorna na que se perpetran), o Goberno local quixo facer un novo esforzo sensibilizador de cara á cidadanía e erradicar estas prácticas.

Para ilustrar o traballo desenvolvido e ver as consecuencias dos depósitos ilegais, o Concello publicou nas redes sociais unha reportaxe fotográfica de máis de medio cento de imaxes na que se mostra polo miúdo o “antes” e o “despois” das tarefas de limpeza realizadas nas parroquias. En palabras do Goberno sonense, “unha imaxe vale máis ca mil palabras”.

E engade: “Para coidar da nosa terriña precisamos da colaboración de toda a veciñanza, por iso solicitamos unha vez máis a vosa axuda para rematar coas condutas incívicas de quen deixa tirados os seus residuos onde non corresponde”.

O Concello aproveitou o traballo realizado para lembrar que a poboación dispón de distintos servizos gratuítos para a recollida de residuos ou ben para depositalos onde si corresponde.

-Punto limpo

Luns a sábado de 10.00 a 14 horas

667464860

-Punto limpo móbil

Até o 8 de setembro en Nebra (e circulando ao longo do ano por todas as parroquias)

-Recollida de avenos (enseres)

Polo xeral o primeiro e o terceiro martes do mes

-Recollida de residuos a domicilio

Polo xeral o primeiro martes do mes

Ante calquera dúbida a veciñanza pode poñerse en contacto co Concello no 981867412.

Outros artigos

O Porto do Son recibe a súa sexta Bandeira Verde

O Concello do Porto do Son recibiu este 21 de outubro a súa sexta Bandeira Verde de Galicia, un recoñecemento ao compromiso municipal coa protección da paisaxe, a conservación do patrimonio natural e o coidado do medio ambiente. A tenente de alcalde, María José...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.