Autorizada excepcionalmente a instalación de atraccions na dársena de Ribeira para as festas

28 Xullo 2023


Portos de Galicia autorizou de forma excepcional a instalación de atraccións na dársena con motivo das Festas do Verán de Ribeira segundo confirmaron o alcalde, Luís Pérez Barral, e o concelleiro de Festexos, Francisco Suárez-Porta, que mostraron a súa satisfacción por conseguir que as atraccións manteñan o seu emprazamento habitual este ano.

O concelleiro declarou que conseguimos unha excepción porque as zonas vermellas que antes non permitíannos levar a cabo o evento na actualidade non teñen actividade. Presentamos un plan de seguridade é unha alternativa para outros anos, deixando claro que a intención do concello é non seguir ocupando o espazo portuario nas vindeiras edicións. Está previsto que a montaxe dos postos e atraccións dea comezo durante a tarde do sábado, tras a celebración do mercadillo.

As atraccions volven, parece que por derradeira vez,o dique de Ribeira para as festas. Foto das festas a finais dos 70. www.riveira.eu

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.