
Todos vamos avanzando en primaveras, cada vez estamos máis preto do ocaso da nosa existencia e a pesar diso continuamos agarrándonos a poder manter o noso propio benestar, os nosos privilexios e o noso modo de vida fronte ao resto de mortais.
Algunhas persoas maiores, e as que non o son tanto, continuamos visitando as administracións de lotería en busca dunha maior riqueza crematística a pesar de que carecemos da saúde e do benestar físico e mental necesarios. É coma se quixésemos manter o poder e o status social de tempos pasados.
Aristóteles dicía que “a acumulación de diñeiro en si é unha actividade contra natura que deshumaniza a quen se dedica a iso”. Pero, a riqueza e o poder, continúan mandando nas sociedades occidentais.
Hai unha tendencia para tomar partido polos mellor situados, de quen se pode obter algún beneficio. E, ao mesmo tempo, unha propensión para ignorar aos máis vulnerables, que nos xeran rexeitamento e mesmo odio, porque non teñen nada que ofrecernos.



