As varietés de Barriga Verde protagonizan o cartel do Festival Titiriberia para este venres

27 Xullo 2023

O festival de monicreques de Rianxo, o Titiriberia, organizado pola asociación Morreu o Demo co apoio do Concello, a Xunta e a Deputación da Coruña, celebra até o domingo 30 de xullo a súa oitava edición. Neste 2023, o festival levará até o municipio rianxeiro 24 funcións, que correrán a cargo de 17 compañías e artistas procedentes de Galicia, Cataluña, Euskadi, Brasil e Portugal.

Marieta e o boi Bumbá

A programación continúa este venres ás 11.00 horas no Campo Maneiro de Taragoña coa obra Marieta e o Boi Bumbá, da formación aragonesa-brasileira de Trapusteros Teatro. O espectáculo, pensado para o público familiar, preséntanos dous personaxes típicos do mamulengo, xénero do teatro popular do Brasil. Marieta é unha nena que vive nunha granxa cos seus pais e ten un boi pequecho chamado Bumbá, que acaba por escapar un día. En caso de choiva, a función trasladarase ao pavillón municipal de Taragoña, ao lado do CPI Brea Segade.

Ás 12.00 horas, no Auditorio de Rianxo, a compañía galega Os Monicreques de Kukas ofrece un pase do espectáculo para público familiar Viva Vivaldi. Esta peza conmemora o terceiro centenario da composición d’As catro estacións. A efeméride é a mecha para un espectáculo de historias curtas no que se presentan as mudanzas que se producen en cada unha das estacións.

Os Kukas con Viva Vivaldi

Ás 22.30 horas chegará ao Auditorio Municipal de Rianxo a quenda dunha nova entrega d’As varietés do Barriga Verde, espectáculo de variedades que cada ano Titiriberia presente como produción propia. Desta volta, a mestra de cerimonias será a actriz e dramaturga Clara Gayo, quen se encargará de conducir unha velada na que se sucederán, nun ambiente de cabaré para o público adulto, os números de artistas e compañías como Tïteres Alakrán, Ura Vázquez García, Santi Prego, Natalia Pajarito, Teatro Ariños, Os Monicreques de Kukas e Ostomila Tïteres. O acompañamento musical correrá a cargo do Cuarteto de Escola de Música de Rianxo.

Curso de dramaturxia

Marcos Pena e Izabela Brochado, responsables de Trapusteros Teatro, iniciarán mañá venres o curso de formación que impartirán ao redor da dramaturxia dentro do mamulengo, xénero popular brasileiro no eido dos monicreques. Este obradoiro, que se estenderá até o domingo en varias sesións, está orientado principalmente ao público profesional.

Mañá venres pecharanse os obradoiros de creación de monicreques que Titiriberia está a ofertar esta semana dentro do Campamento de Verán do Concello de Rianxo. Esta última sesión celebrarase no CEIP Ana María Diéguez, en Asados.

Outros artigos

Esther Piñeiro presenta en Noia o seu libro poemas “Sempre Lela”

A autora Esther Piñeiro presentará en Noia Sempre Lela, publicado pola editorial local Toxosoutos. A cita será este venres 25 de setembro ás 20.30 horas, na Casa da Cultura Antón Avilés de Taramancos. Trátase, segundo avanza o Concello de Noia nas redes, dun pequeno...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.