O pobrense Daniel Lorenzo recoñecido co “Alba de Compostela”

25 Xullo 2023

Con motivo do día de Santiago, o Concello rendeu homenaxe esta mañá a “persoas e colectivos que desde o abrente ao solpor, cada día, fan que este concello camiñe cara a adiante”, como sinalou a alcaldesa no seu discurso. Daniel Lorenzo Santos director da Fundación Catedral de Santiago; os equipos femininos do Hóckey Club Raxoi; Mª Rosa Álvarez Prada, decana do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia e directora técnica do Plan Socio-Comunitario de Vite; e Ánxeles González Porto, propietaria do pub Borriquita de Belém e membro da Asociación Cultural Cidade Vella, recibiron este recoñecemento de man da rexedora Goretti Sanmartín, que recordou no seu discurso o “Alba de Gloria” que Castelao pronunciou hai hoxe 75 anos e convidou a todo o mundo “a sumarse a esta festa, que quere ser de todos e todas as compostelás, que quere ser a celebración dunha cidade”.O Teatro Principal acolleu esta maña a primeira edición de ‘Alba de Compostela’, un acto institucional organizado polo Concello de Santiago, e cuxo nome está inspirado no discurso ‘Alba de Gloria’ que Castelao fixo en Bos Aires o mesmo día 25 de xullo, en 1948.

O acto comezou coa benvida da condutora do acto, Marga Pazos, que se encargou de ler as laudatio dos/as homenaxeados que recibiron unha peza conmemorativa da man da alcaldesa. En concreto os/as homenaxeados/as nesta primeira edición de ‘Alba de Compostela’ foron:

Daniel Lorenzo Santos, director da Fundación Catedral de Santiago, polo seu labor para achegar á cidadanía o proxecto de rehabilitación da Catedral, socializando o proceso a través dun coidado programa de visitas que pon en valor a complexidade e importancia da conservación desta obra do patrimonio histórico e cultural universal.

Os equipos femininos do Hóckey Club Raxoi, polos seus éxitos en ligas galegas e estatais, erixíndose en referentes no deporte de competición en xeral e no hóckey en particular; e pola súa contribución a difundir a aposta do club pola participación femenina na práctica do hóckey sobre patíns, na infancia e na mocidade.

María Rosa Álvarez Prazda, decana do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia e directora técnica do Plan Sociocomunitario de Vite, pola súa dedicación profesional e persoal á transformación do barrio de Vite, implicando persoas e entidades nun proxecto social que as erixe como protagonistas e impulsoras do espazo veciñal, modelo de intervención sociolaboral, colaborativa e educativa.

Ángeles González Porto, propietaria do pub Borriquita de Belém e membro da Asociación Cultural Cidade Vella, polo seu labor de dinamización da zona histórica da cidade, contribuíndo a resignificar os espazos de lecer nocturno a través da experiencia cultural, e polo seu compromiso activo coa hostalería de proximidade e cunha marcada función de retorno social para a veciñanza.

Discurso da alcaldesa de Santiago de Compostela

A continuación, a alcaldesa Goretti Sanmartín fixo unha emotiva intervención na que recordou “a brillante, fermosísima, peza de esperanza, de futuro” que Castelao fixo “nun teatro a dez mil quilómetros, no exilio, no desterro, talvez xa sen esperanzas de regresar nunca máis” e do que hoxe se conmemora hoxe o 75 aniversario.

“No Concello de Santiago queremos hoxe conmemorar un texto, un magnífico texto. E un momento, aquel 25 de xullo de 1948, cando Castelao, en Bos Aires, nos deixou unha lección de vida, unha lección de amor á nosa historia, a quen somos e, tamén, un testamento para construírmos o futuro, con trabes sólidas, cun encofrado de ferro, para fortalecer a estrutura, que non debe caer nunca”, explicou.

Segundo expresou Goretti Sanmartín, “a Alba de Gloria é máis unha proba da grandeza de Castelao, esa figura inmensa que nos fai afortunadas ás galegas e galegos porque non todos os pobos poden ter a sorte de contar cunha referencia fundacional incuestionábel, xenerosa na súa xenialidade, tan amada, tan respectada”.

Así, a rexedora recordou que Alba de Compostela “nace para conmemorar Castelao, o seu inmortal discurso mais tamén, ben o saben, para festexarmos mulleres e homes do noso tempo que constrúen Compostela, que fan que este concello sexa aínda máis grande, unha realidade colectiva, unha cidade histórica cun futuro tecido por moitas mans, moitas cabezas e moitos corazóns”, do mesmo xeito que “Castelao fixo desfilar pola súa Alba de Gloria aquela Santa Compaña de galegos e galegas inmortais con Prisciliano á cabeza e cunha ringleira de nomes aos que debemos boa parte do que somos”.

Ao respecto das persoas e entidades homexeadas, Goretti Sanmartín quixo recoñecer o “traballo e o compromiso co noso concello, de homes, mulleres e entidades que, co seu esforzo, coa súa intelixencia e a súa enerxía fan que a colectividade dea pasos adiante, avance como un todo, con orgullo e con esperanza”.

“Coa Alba de Compostela queremos, en boa maneira, mostrar o orgullo do que somos, o orgullo de persoas e colectivos que desde o abrente ao solpor, cada día, fan que este concello camiñe cara a adiante, con decisión, de mans dadas, sabéndose partícipes dun proxecto que non é de ninguén senón de todos nós, de todas nós, e que responde ao nome de Santiago de Compostela”.

Para a rexedora, o obxectivo é tamén dotar a “este concello dun acto propio neste seu día grande”, no que “Santiago de Compostela e a súa xente fosen as protagonistas”. Así, Goretti Sanmartíon, tamén convidou “a deixar fóra intereses particulares e sumarse a esta festa, que quere ser de todos e todas as compostelás, que quere ser a celebración dunha cidade”.

Finalmente, a alcaldesa parabenizou a cada unha das persoas recoñecidas polos seus logros, e por constituír un “exemplo da diversidade do noso concello, da pluralidade dos distintos eixos que o compoñen, do dinamismo dunha cidade con historia e con futuro”.

O acto pechouse co himno de Galicia, interpretado por Oli Xiráldez, na gaita, e Fernando Estévez, ao tambor, acompañados por todos os asistentes.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...