O Mago Romarís rende homenaxe ás ilusións ópticas en Rianxo (este luns 24 de xullo)

21 Xullo 2023

Este luns 24 de xullo haberá maxia e cultura en Rianxo. No marco da Feira do Libro de Rianxo (e da Rede Cultural da Deputación da Coruña), o Mago Romarís achegará o espectáculo Sorpresa tras sorpresa (Ilusións ópticas + Maxia). Será o luns en horario de 12.00 a 14.00 horas e, xa pola tarde, de 18.30 a 20.30 horas, na praza de Castelao de Rianxo. Organiza o Concello.

Que son as ilusións ópticas?

Segundo lembra o Mago Romarís, “unha ilusión óptica é calquera ilusión do sentido da vista que nos leva a percibir a realidade de forma errónea, un erro na interpretación que fai o noso cerebro sobre os sinais que o ollo lle envía”. Grazas a este “erro” de apreciación, podemos desfrutar de sensacións únicas e incribles. A maiores, engade o mago, “podemos transformar ese suposto erro nunha experiencia didáctica, nunha experiencia divertida, convertela nunha experiencia única”.

O espectáculo que poderemos ver en Rianxo inclúe unha exposición que recolle unha selección das mellores e máis efectivas Ilusións ópticas, desde as máis clásicas e que levan sorprendendo desde hai séculos, ata as máis novas e impactantes.

O seu formato e os seus contidos, dirixidos a todos os públicos,convidan ao espectador a ser protagonista.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A Sanidade non se vende, a sanidade deféndese”. Antón Luaces

“A Sanidade non se vende, a sanidade deféndese”. Antón Luaces

Pública e responsable. Así debe ser a Sanidade en España. Para esto, o Goberno derogará a lei aprobada por José María Aznar (a Lei 15/1997) que permitía o que, hoxe en día, está a acontecer: a privatización dun servizo público e universal que tanto custou e custa á...

¿El mundo se ha vuelto idiota?. José Antonio Constenla

¿El mundo se ha vuelto idiota?. José Antonio Constenla

Antes de que la palabra idiota fuera un insulto y la RAE en su diccionario ladefiniera como tonto, corto de entendimiento o falto de instrucción, los antiguosgriegos la usaban para referirse a los que no se ocupaban de los asuntospúblicos y se dedicaban en exclusiva a...