AVISO: Alerta laranxa por vento e temporal costeiro no litoral da Coruña e Pontevedra

18 Decembro 2019

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta activou unha alerta laranxa por vento que da comezo esta mesma mañá e que afectará a toda Galicia. Este aviso sumase á alerta laranxa vixente por temporal costeiro no litoral da Coruña e Pontevedra por ventos de compoñente sur que poden chegar a forza 9 con mar combinada do sur con ondas de ata seis metros. Segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía ( AEMET), pódense conseguir refachos de ata 100 km/ h nas zonas noroeste, oeste, suroeste e interior da provincia da Coruña, na Mariña lucense, no noroeste da provincia de Ourense e nas Rías Baixas e no interior da provincia de Pontevedra.

A borrasca virá acompañada de choivas intensas, de nivel amarelo, no suroeste, oeste e interior da provincia da Coruña, no noroeste e sur da provincia de Ourense e na provincia de Pontevedra, podendo recollerse ata 60 mm. en 12 horas. A Xunta lembra que, co vento, o mobiliario urbano pode desprazarse e os restos de árbores e ramas que puideron caer á vía poden condicionar a circulación. Tamén se lle lembra á poboación a importancia de seguir as medidas de protección como retirar os obxectos que poidan caer á rúa desde os tellados, balcóns e xanelas e evitar pasar preto de edificios en ruínas, en construción, árbores, paneis publicitarios e demais obxectos susceptibles de desprazarse co vento. Suspensión actividades exterior Pola súa banda a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional acaba de ampliar a suspensión das actividades no exterior desde as 9 horas desta mañá ata as 18 horas desta tarde por un fenómeno meteorolóxico adverso de nivel laranxa con refachos de vento superiores a 100 quilómetros/hora que afecta as zonas de predición meteorolóxica da totalidade da provincia da Coruña e Pontevedra, a Mariña de Lugo e noroeste e montaña de Ourense. En todo caso, as direccións dos centros escolares das zonas excluídas desta alerta poderán adoptar as decisións que estimen oportunas consideráronse un risco superior ao declarado.

A Xunta ten activada tamén unha alerta laranxa por temporal costeiro no litoral da Coruña e Pontevedra por ventos de compoñente sur que poden chegar a forza 9 con mar combinada do sur con ondas de ata seis metros. Debido ao temporal costeiro, a Xunta lembra a importancia de manterse afastados da liña de costa, isto é, de diques, espigóns, peiraos, praias, paseos marítimos, e todas aquelas zonas que poidan ser varridas polo mar, co fin de previr un eventual golpe de mar que poida arrastrar persoas ou obxectos. É preciso ademais evitar aproximarse e vixiar posibles caídas de obxectos de balcóns e xanelas. Por este motivo, e co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, informou da situación aos concellos da provincias afectadas; deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil e aos clubs náuticos, entre outros. Deste xeito, espérase que se adopten as medidas oportunas para garantir a seguridade dos bens e das persoas. Tamén se aconsella a suspensión das actividades pesqueiras e marisqueiras como medida preventiva naquelas zonas máis perigosas, así como extremar as medidas de seguridade á hora de realizar calquera actividade no mar e revisar os cabos e amarres das embarcacións. Ademais, recoméndase consultar a páxina web do CAE 112 ( www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con ligazóns de interese. Tamén se recomenda consultar a páxina web do CAE 112 ( www.112 galicia. org), que conta con información meteorolóxica e con ligazóns de interese.

Previsión de choiva acumulada ata a madrugada do día 19

Outros artigos

Boiro sumou forzas contra o cancro cunha cadea humana no centro da vila

A Asociación Española conta o Cancro de Boiro conmemorou na tarde deste sábado 17 de outubro o Dia Mundial da Loita contra o Cancro de Mama, que se celebra o 19 de outubro, cunha gran cadea humana e a realización dun lazo na rúa peonil de Boiro. Durante estes días o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

Dentro de unos días todos los españoles tendrán la oportunidad de cambiar de Gobierno y que éste sea mucho mejor que el anterior. El Gobierno de Pedro Sánchez ha estado rodeado de múltiples investigaciones tanto a nivel personal como el de un presidente que prometió...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.