Novo número da edición en papel de “O Barbanza”. A Festa da Dorna (especial 75 anos), homenaxe a García Bayón e a Santos Oujo, turismo e axenda, contidos do numero de xullo

19 Xullo 2023

Como cada mes chega un novo número de “O Barbanza” na súa edición impresa. A publicación xa en distribución en toda a comarca, trae unha ampla axenda das actividades sobre os actos do verán.

Nesta edición destacamos un especial do 75 anos da Festa da Dorna e unha homenaxe a Carlos García Bayón, nos vinte anos do seu pasamento. Falamos tamén con Santos Oujo quen reivindica a grandeza de Valle-Inclán.

E coma sempre o turismo, a cultura, a historia e a actualidade local completan estes números de “O Barbanza” que como é habitual cunha tirada de 7.000 exemplares, está xa en distribución de balde en todos los concellos da comarca e que se pode conseguir en numerosos puntos ou ben descargalos en pdf desde o enlace: “O Barbanza” ou ben leelo nas distintas plataformas como pc, tablet e móbiles.

Invitarvos a seguirnos a diario en “www.obarbanza.gal“, onde xa mais de 2.789 usuarios únicos/día de media, seguen a actualidade da comarca as 24 horas, e con xornadas que superan os 4.500 usuarios/día.

Coma sempre as nosas redes sociais acollen xa varios milleiros de seguidores e podedes darvos de alta a través de facebook e twitter.

O próximo número da nosa publicación sairá a principios de setembro. Grazas polo apoio e darnos a coñecer.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.