O Concello de Boiro colabora cunha nova edición de Boiromotos, que organiza Boiromotos Motoclub e que terá lugar os días 21 e 22 de xullo no parque da Cachada. Na presentación, celebrada na mañá deste mércores 19 de xuño, participaron o alcalde, José Ramón Romero, o presidente de Boiromotos, José Viturro, e outros membros da organización.

Segundo fixeron saber, a concentración comezará o venres día 21 ás 16.30 horas coa apertura das inscricións e con actividades durante a tarde. Pola noite haberá verbena co grupo Claxxon e DJ Matrek. “Contamos con chegar ás 450 ou 500 inscricións pero a festa é aberta a todas as persoas que queiran asistir”, afirmaron dende a organización.
O sábado pola mañá está programado desenvolver cursos de seguridade viaria para a rapazada, inchábeis, adestramento con coches Radio Control CRAWLER e, despois dunha mexilloada, continuarán as actividades con concursos e outras exhibicións para concluír a xornada amenizada por DJ Geno e DJ Martrek.
“A concentración moteira de Boiro é unha cita xa consolidada que cada ano atrae a máis xente que vén pasar a fin de semana, o que fomenta o noso turismo e a nosa economía”, afirmou o alcalde de Boiro, José Ramón Romero.
Para a coordinación do evento haberá cortes de rúa nas inmediacións da Cachada, dende o venres ás 14.00 horas non se poderá transitar polas rúas avenida de Avellaneda, rúa María Mariño e avenida empresario Jesús Alonso, onde se realizarán as exhibicións previstas na programación.
Programación venres 21 de xullo
16.30h – apertura de instalacións con consumición e pincho de benvida. Entrega de obsequios e información turística.
17.00h – inchables para nenos e nenas
19.00h – exhibición de Stunt a cargo do piloto Pichu Stunt Show
21.00h – exhibición de Stunt a cargo do piloto Pichu Stunt Show
22.00h – cea nas instalacións acondicionadas (inscritos)
23.00h – verbena amenizada por grupo Claxxon e DJ Matrek
Programación do sábado 22 de xullo
9.00h – almorzo nas instalacións (inscritos)
10.30h – apertura de inscricións e información turística e inicio das actividades. Durante toda a xornada haberá exposición de coches e motos clásicas con Clasicos do Barbanza, Old School Galician e Arousa Team.
12.00h – curso de seguridade viaria para nenos e nenas. Inchables. Entrenamentos e recoñecemento do terreo con coches Radio Control Crawler a cargo de Club Barbanza 4×4 Sport R.C.
12.45h – mexilloada con música a cargo do grupo tradicional Arume (aberta ao público)
14.15h – comida nas instalacións (inscritos)
16.30h – curso de seguridade viaria para nenos e nenas e inicio das atividades:
• Exhibición e proba de coches Radio Control Crawler a cargo de Club Barbanza 4×4 Sport R.C.
• Tiro de corta por equipos
• Morder a mazá por equipos
• Carreira en táboas
• Carreira de sacos
• Xogo da cadeira (silla)
• Inchábeis
• Concurso de Motos Oldies
• Concurso de Motos Clásicas
• Concurso de Coches Clásicos
20.00h – exhibición stunt show a cargo do piloto Narcis Roca Stunt na zona acotada.
22.30h – cea nas instalacións (inscritos)
23.45h – verbena amenizada por DJ Geno e DJ Matrek
03.00h – espectáculo lava-motos por stripper masculino e feminino
Domingo 23 de xullo
9.00h – almorozo nas instalacións (inscritos)



