A Área de Cultura de Noia compartiu o seu programa de actividades para o que resta de verán. A axenda arrinca este 19 de xullo con cinema infantil no Tapal (ás 22.30h), e proseguirá o 27 co concerto do músico galego Carlos Núñez ás 22h na igrexa de San Martiño.
O 29 de xullo está programado un Certame de Pintura ao Aire Libre (Certame Juan José Fernández Leiceaga, Sesé) e máis o Festival San Bolo Fest (segunda edición). Os días 3, 4, 5 e 6 de agosto será a quenda do festival Noia Harp Fest e o 9 de agosto volver a haber cinema infantil na praza do Tapal, ás 22h. A continuación virá o Festival Jazz Noia (días 10, 11 e 12 de agosto), na praza da Constitución.

O día 19 virá con dúas iniciativas de reivindicación cultural: Pon un Sancosmeiro e o Festival O Peregrino (na Alameda). Os días 23, 24, 25, 26 e 27 de agosto celebraranse as Festas de San Bartolomeu.




