A rapazada de Dodro coñeceu as xoias do seu concello no Campamento Deportivo do Verán

17 Xullo 2023

Este venres 14 de xullo rematou en Dodro o Campamento Deportivo de Verán que comezou o 3 de xullo da man do Concello.

A iniciativa puxo a disposición da rapazada local, neste tempo de vacacións, unha quincena de actividades físicas nas que tiveron ocasión de practicar tenis, sendeirismo, orientación, pádel, chave, bolo tradicional, busca de tesouros, etc.

As rapazas e rapaces puideron tirar proveito das distintas instalacións deportivas do concello de Dodro como o Complexo Deportivo de Lestrobe, o Campo de Fútbol de Chenlo, as Pistas Deportivas de Bexo, e tamén participaron nas rutas de sendeirismo das Aldeas de Riba e de Pensa Nao (a novela do escritor local Anxo Angueira que dá nome a un dos itinerarios literarios de Dodro) e puideron subir ao Monte da Pareira e contemplar plenamente a beleza da contorna.

Grazas a estes roteiros tiveron ocasión de visualizar unha das grandes xoias paisaxísticas da comarca: a riqueza ambiental do río Ulla ao seu paso polo concello.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.