O Concello de Boiro programou visitas estivais aos muíños de Goiáns

17 Xullo 2023

O Concello de Boiro a través da área de Turismo, programou visitas guiadas aos muíños de Goiáns. Celebraranse todos os xoves. As prazas das visitas son limitadas, polo que se require inscrición previa na Oficina de Turismo de Boiro.

O obxectivo destas visitas é “dar a coñecer o patrimonio cultural do municipio e o funcionamento dun muíño de río”. Na zona de Goiáns, engade o Concello, consérvanse en bo estado tres muíños, dous deles abertos aos visitantes, e neles pódese ver as rodas de pedra que servían para moer o gran e facer fariña.

As visitas vanse realizar durante o verán os xoves, en horario de 11.00 a 12.00 horas. Os grupos son reducidos e requírese reserva para a visita, que se pode facer de xeito presencial na Oficina de Turismo de Boiro ou mediante o 981 84 26 54.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.