Xerais 2023: Miñones reafirma en Noia o apoio do Goberno ao sector da Pesca de Galicia

15 Xullo 2023

O cabeza de lista do PSOE ao Congreso por A Coruña e ministro de Sanidade, José Miñones, reafirmou hoxe o respaldo do goberno encabezado por Pedro Sánchez ao sector da pesca de Galicia. Así o dixo logo dun encontro coas confrarías en Noia, onde fixo balance das medidas aprobadas nestes 5 anos e analizou o impacto da mina de San Finx autorizada pola Xunta sobre o medio ambiente e os bancos marisqueiros da Ría.
Miñones confirmou que a pesca galega continuará a recibir o apoio dun goberno de España encabezado polo PSOE nos vindeiros 4 anos tal e como fixo cunha batería de axudas para afrontar as consecuencias da pandemia e da guerra de Ucraína. Apuntou que esta mesma semana o goberno vén de aprobar 47 millóns de euros de axudas directas para Galicia, case a metade do total e a que máis recibiu do Estado.
Lembrou as medidas específicas para o sector incorporadas ao Real Decreto de axudas para afrontar a crise derivada da invasión de Ucraína, con fondos directos para as confrarías e medidas para afrontar o sobrecuste do combustible.
Pediu o apoio do sector para avanzar no desenvolvemento de medidas como a Lei de Pesca Sostible, que permitiu avanzar nos dereitos das redeiras e mariscadoras, garantindo as cotizacións, as pensións e a redución de cuotas á Seguridade Social.
Emprazou a afrontar os próximos 4 anos co obxectivo de defender ao sector en Europa e que “non se retroceda un só dereito nun sector clave para Galicia.
Tamén analizou o elevado risco de vertidos que supón a reactivación da mina de San Finx, que vén de autorizar o goberno galego e que pon na diana a continuidade dos bancos marisqueiros da Ría de Noia, así como a boa saúde medioambiental dun entorno fundamental.

O candidato socialista alertou do risco de regresión que supón a dupla Feijóo – Abascal no Estado, como están a demostrar na aprobación dos gobernos de Valencia e Estremadura esta mesma semana. Así o veñen amosando, dixo, nos gobernos de Castela e León e “tantos concellos nos que están xa a desgobernar os dereitos das mulleres, das persoas LGTBI e tamén da cultura” recuperando a censura.
Estas experiencias, sinalou, serven para “quitarlle a careta do que son realmente Feijóo e Abascal” e saber “o que queren facer con España e con Galicia”. Emprazou a comparar este programa co balance de 5 anos de goberno “de avance” e de políticas progresistas que permitiron disparar a creación de emprego, subir as pensións co IPC, subir o salario mínimo, o avance social e as infraestruturas.
Subliñou que “se a xente mira polo seu propio interese e o que fixo o seu propio goberno acabará votando ao PSOE”, logo da “experiencia propia” á hora de “atopar traballo, recibir a pensión e ver como aumentou o salario mínimo”.

Outros artigos

O filme Salvaxe, Salvaxe proxéctase este venres en Noia

Este venres, o lobo ibérico chega á Casa da Cultura de Noia. O 23 de outubro, ás 20:00 h, a Casa da Cultura Antón Avilés de Taramancos acolle a proxección de Salvaxe, salvaxe, de Emilio Fonseca. Trátase dunha película incluída na programación contratada pola...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.