Outes acollerá en xullo a clausura oficial e conferencia final do Proxecto Internacional e-InnoEduCO2

14 Xullo 2023

Os próximos días 17 e 18 de xullo, a Casa da Cultura de Outes será a a sede onde se celebrará a clausura e a conferencia final do proxecto europeo e‑InnoEduCO2 (Innovation in Climate Change Education), e a estrea da película “Cinema Climantopía”, creada no marco do proxecto “EDUCinema ClimaTurAction”, ambos financiados polo programa Erasmus + e que contan coa participación de institucións galegas, portuguesas, polacas, romanesas e italianas.

O obxectivo xeral do proxecto é reforzar a capacidade das institucións de educación e formación para proporcionar unha educación dixital inclusiva e de calidade a través do modelo pedagóxico «e‑learning STE(A)M-TIC», que permita compensar o incremento nas carencias da UE en educación escolar adaptando a formación telemática da era COVID-19 ás necesidades curriculares de experimentación científica. O proxecto busca pór en valor a ciencia e as competencias STE(A)M (siglas en inglés de «ciencia, tecnoloxía, enxeñaría, arte e matemáticas») mediante a súa transformación dixital a nivel europeo para avanzar cara a un enfoque máis inclusivo e facer da educación escolar europea un laboratorio de innovación neste terreo.

O proxecto, que finalizará o 31 de agosto de 2023, conta cun orzamento total de 251.305,00 euros, financiados ao 100 % polo programa Erasmus +. O líder do proxecto é o Concello de Outes, e o resto de socios son a Universidade de Santiago de Compostela e o Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia, pola parte española; a Universidade de Aveiro e o Agrupamento de Escolas de Aveiro, de Portugal; o XXVI Liceum Ogolnoksztalcace, de Polonia; e mais a Universitatea Alexandru Ioan Cuza din Iasi, de Romanía.

O día 17 se ocupará coa Conferencia Final (en formato simposio), dirixida aos medios de comunicación, aos grupos de interese e ao público en xeral. Ésta comezará as 17:00 co rexistro de participantes. Ás 17:30, o alcalde de Outes, Manuel González López e José Antonio Caride Gómez, en representación da USC como líder de proxecto e catedrático de Pedagoxía Social da Univerisdad de Santiago de Compostela, abrirán de forma oficial o evento cunha benvida aos asistentes.

A partir dese momento, José Antonio Caride Gómez,  moderará a presentación dos principais resultados e produtos intelectuais do proxecto e-InnoEduCO2 por parte dos socios do proxecto. A continuación, José Antonio e Francisco Sóñora, director de Climántica, falarán sobre dous tópicos centrais do proxecto EDUCinema ClimaTurAction: a educación comunitaria ante a emerxencia climática e a relación entre o cine e a educación.

Ás 18:50 se presentará a película “Cinema Climantopía”, desenvolta no marco do proxecto Erasmus+ “EduCinemaClimaTurAction” seguido da reprodución dun curtometraxe da súa realización que dará paso ao estreno oficial da película.

Para rematar o primeiro día do evento, os participantes disfrutarán do concerto da banda Climantopía, que tocarán temas da banda sonora da película, clásicos pop e temas de autoría dos músicos, dirixida polo saxofista e clarinetista José Rodríguez García, director de jazz dos conservatorios e escolas de músca da Mariña,  profesor de saxofón e clarinete da Escola Estudio de Santiago e autor do currículo de jazz de Galicia.

Na mañana do segundo día terá lugar a 3ª e última Reunión do Comité de Coordinación do proxecto, actividade reservada para os representantes de todas as organizacións socias, marcando á súa finalización o termo do evento.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.