A Pobra pedaleará co gallo da Festa da Bici no 30 de xullo

14 Xullo 2023

A trixésimo primeira edición da Festa da Bici chega o 30 de xullo á Pobra do Caramiñal, coa saída programada para as 11.00 horas da praza Alcalde Segundo Durán, que tamén será meta. A iniciativa virá cunha marcada compoñente solidaria, xa que as persoas participantes achegarán un quilogramo de alimentos non perecedoiros no momento da inscrición o propio día do evento e na dita praza, a partir das 10.15 horas. Estímase unha participación semellante á de anteriores convocatorias, nas cales se superaban as/os 200 ciclistas.

Dende o Concello explican que se trata dunha actividade “xa consolidada no calendario de actividades deportivas do municipio” e que consta de dous percorridos: no circuíto xeral completarase unha distancia de 10’53 quilómetros, durante os cales transitarase por distintos espazos do centro e do rural; mentres que o circuíto pequeno, cun itinerario de aproximadamente 1’5 quilómetros polo núcleo urbano, está dirixido a crianzas menores de 8 anos ou rapazada maior desta idade que teña dificultades para completar a ruta longa.

O concelleiro Eloy Sobrido, xunto coa coordinadora dos Deportes, Ana Romero, e o monitor deportivo do Concello, Rubén López, puxo en valor este tipo de propostas que buscan “promover a actividade física entre tódolos públicos, polo cal se converte tamén nun punto de encontro interxeracional, ao mesmo tempo que se promove a mobilidade sustentábel con esta alternativa de transporte aos medios de tracción mecánica”. Do mesmo xeito, o edil fixo fincapé en que lles permitirá ás persoas participantes coñecer a vila “dende outra perspectiva” e agradeceu a implicación das distintas entidades colaboradoras e de medios de apoio, como a Policía local, a Protección Civil, Motoclub SinFrenos e Sport Bike.

Durante esa xornada contarase tamén cun inchábel e cunha xincana de habilidade e destreza coa bicicleta, habilitados na dita praza para o desfrute das/dos máis pequenas/os. Procederase, así mesmo, co sorteo dunha bicicleta e outros agasallos.

Outros artigos

Espazos Sonoros chega á Pobra con Sara Ruiz, este 26 de setembro

O ciclo Espazos Sonoros 2026, organizado pola Deputación da Coruña, fará parada no concello da Pobra o vindeiro sábado 26 de setembro cunha xornada que combinará música, patrimonio, historia e literatura e que conta coa colaboración do Concello da Pobra do Caramiñal....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.