Raquel Queizás achega o contacontos “A Orixe” este venres no esteiro do río Coroño (Boiro)

12 Xullo 2023

Este venres 14 de xullo, ás 12 horas, a paraxe natural do esteiro do río Coroño vai acoller unha sesión de contacontos da narradora e escritora Raquel Queizás. Trátase do seu espectáculo A Orixe, dirixido a público infantil e familiar.

A Orixe é un espectáculo de narración oral, manipulación de obxectos e monicreques. Cóntanso a historia dunha exploradora que chega a unha biblioteca coa arela de compartir as narracións escoitadas nas súas expedicións ao longo do mundo. Ante os ollos dun público participativo, a protagonista dramatizará diferentes lendas, contos e mitos coa axuda de pequenos tesouros atopados nas súas viaxes.

A Orixe é unha recompilación de lendas, mitos e contos de tradición oral de diferentes culturas do mundo. Estas historias perseguen un dobre propósito: por unha banda constitúen unha forma de educar aos máis pequenos e pola outra, moitas destas lendas buscan describir e explicar a orixe do mundo e o lugar que ocupamos nel, fomentando o respecto pola natureza.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.