“Un debate didáctico que só serviu para aprender cómo non é debater”. Antón Luaces

11 Xullo 2023

Bronco, levado aos extremos, con moderadores que non foron tal cousa no seu empeño en amosar unha neutralidade que sempre se da por suposta, con xogos técnicos nas liñas microfónicas que evidenciaban potencias desiguais favorables en boa parte do non debate ao aspirante “popular”. Un debate didáctico que permitiu á audiencia saber como non se debe debater porque dous ausentes no mesmo -Bildu e Vox- protagonizaron un encontro-desencontro entre dous aspirantes a presidir o goberno español que nada tiñan que ver cos asuntos que se debatían.
Mal, moi mal, con permanentes interrupcións, con diálogos inintelixibles que os moderadores non souberon -ou non quixeron cortar de vez-. En definitiva un debate que permitiu saber que así non se debate.
Desilusionante e, de paso, cabreante, insufrible. Un debate que non permitiu coñecer o programa de goberno do PP e tampouco as explicacións sobre o seu polo candidato socialista interrompido constantemente por un Feijoo moi seguro de sí mesmo (como se xogara en casa e para o seu público) un partido transcendental no que só os votos de VOX poden contribuir a darlle os que o PP precise para gobernar, consciente de que outros alleos difícilmente poderá recoller.
Non, non me gustou nada. E a manobra de Feijoo de asinar unha norma que permitiría formar goberno ao partido con máis vitos, irregular-ilegal nunha monarquía parlamentaria na que só pode gobernar quen maior número de votos acade. Non pode producirse ese infantil empeño dun candidato que, a máis, non fai o mesmo en comunidades e concellos nos que pacta para gobernar co apoio de Vox.
Se o elector quere exercer o seu dereito en base ao que a noite pasada deparou, ben pouco, por non dicir nada poido deducir. Foi un debate perdido, seguido por máis de cinco millóns de telespectadores, que moi pouco poderían, coido, concluir do exposto. Porque Txapote, Miguel Ángel Blanco, Felipe González e Aznar non xogaban este partido.
Unha ocasión perdida e unha longa hora de sono que se foi polo río abauxo nunha noite calorosa tamén no climatolóxico.
Verdadeiramente o meu voto estaba decidido moito antes do debate sen debate, e non vai variar.
Lamentable. E non aprendemos. Este non é o camiño.

Outros artigos

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

+

“Loita nas rúas e nos despachos” – José Manuel Pena

Bandeiras anticonstitucionais e falanxistas, cánticos franquistas, insultos e odio cara a todos aqueles que non pensan como eles, é a imaxe desagradable e vergoñosa que demostraron un grupo de mozos, algúns menores de idade, na capital de España. Algúns nos...

+

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.