Un resbalón nunhas escaleiras de cuberta recentemente pintadas parece ser a causa de que o patrón de pesca de Porto do Son Juan José Sampedro caese ao mar en augas de Panamá.
Segundo recolle La Voz de Galicia de distintas fontes, esta é a información que se transmitiu á familia, á espera de coñecer con detalle o sucedido. Ao parecer, un mariñeiro que se atopaba na cuberta do Cosmos presenciou o accidente e inmediatamente lanzou un aro salvavidas á auga e deu a voz de alarma. O barco, que ía en roteiro cara a Panamá e atopábase a un día de camiño, deu volta e tirou unha boia no lugar, pero xa non conseguiu ver nin ao patrón de pesca nin o aro salvavidas.
Salvamento Marítimo de Ecuador mantén un dispositivo activo de procura do patrón de pesca de Porto do Son do barco Cosmos, propiedade dunha empresa armadora de Ribeira.

foto Gustavo Moreira-MarineTraffic



