María Jesús Reboredo presenta no Son o libro solidario “Collendo alento, pechando feridas”, na compaña do secretario xeral Valentín García

08 Xullo 2023

Este venres 7 de xullo pola tarde a Casa da Cultura de Porto do Son acolleu a presentación solidaria do libro Collendo alento, pechando feridas, de María Jesús Reboredo. Amais da autora, na cita participaron Valentín García Gómez, secretario xeral de Política Lingüística e José Luis Teófilo, editor e director de Teófilo Comunicación. O acto foi musicalizado coa excepcional actuación de Troyanos de Compostela. Todo o recadado da venda do libro foi a beneficio da Asociación Parroquial LOA.

Malia ser madrileña de nacemento, María Jesús Reboredo é unha artista (pintora e escritora) defensora e reivindicadora da cultura galega . A autora publicou nos últimos anos un estudo sobre o traxe tradicional galego, Te llevo en el corazón, un relato da súa estadía en Calcuta como voluntaria, Mi testimonio, ou o poemario 20 poemas solidarios. Dez das súas obras foron publicadas en galego e outras tantas en castelán con outros ilustracións propias baixo a técnica da acuarela. Todos os fondos recadados coa publicación destas obras doáronse a varias obras benéficas, como a New Light de Calcuta, Cociña Económica, Fundación Andrea e Cáritas Diocesana de Santiago.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...