O popular Santiago Freire Abeijón reelixido como alcalde do Concello de Noia

07 Xullo 2023

O popular Santiago Freire foi reelixido como alcalde de Noia (A Coruña) grazas ao acordo polo que a formación independente Noieses Independentes Agrupados (NO.I.A.), que volverán formar parte do goberno local como fixeron durante o último mandato.

O pleno de constitución para o mandato 2023-2027 celebrouse ás 10,00 horas deste venres, onde os votos de PP e NO.I.A. serviron para alcanzar os nove edís que dan a maioría absoluta na corporación noiesa.

O PP de Santiago Freire, que repetiu o pasado 28 de maio os sete edís logrados fai catro anos, continuará co bastón de mando ao superar a suma de PSOE (4 concelleiros), Marea Cidadá de Noia (2) e BNG (2), que votaron polo candidato socialista, Fran Pérez.

Ademais de agradecer o apoio da súa familia e amizades, Santiago Freire tivo palabras de agradecemento para os seus compañeiros de partido, así como para os integrantes do NOIA.
“Despois dunha espera de varias semanas para chegar a un acordo, finalmente foi posible e estou convencido de que tanto PP como NOIA imos traballar con ánimos renovados os próximos catro anos para conseguir o mellor para os nosos veciños e veciñas”, apunto o alcalde.

Outros artigos

Proseguen os traballos de extinción do lume de Ribasieira (O Son)

Este martes 22 de setembro segue activo o lume forestal do concello de Porto do Son, orixinado e focalizado (polo de agora) na parroquia de Ribasieira, nun lugar de difícil acceso que pola súa complicada orografía e pola precariedade dos accesos motivou onte o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.