Ecoloxistas en Acción tapona as verteduras da mina de San Finx

06 Xullo 2023


Ecoloxistas en Acción, ante a falta de resposta inoperancia da Administración da Xunta, taponou esta mañá o tubo polo que a mina de San Finx, propiedade da australiana Pivotal Metals, verte de forma constante augas contaminadas con altas concentracións de cadmio, cobre e zinc, a tan só 7 km da ría de Muros e Noia e o Lugar de Importancia Comunitaria do Esteiro do Tambre, en Rede Natura 2000.
Unha ducia de activistas penetráronse nas instalacións mineiras para colocar unha gran cortiza na canalización de exceda da balsa de decantación final, construída ilegalmente sobre o leito do río, e á que van parar tanto os achiques de mina procedentes, por gravidade, do interior da mina, como as augas en contacto cos vertedoiros de residuos.
Coa acción, a organización ecoloxista alerta non só sobre a contaminación actual, se non sobre a que se aveciña coa nova autorización de vertedura outorgada pola Xunta coa que a empresa mineira poderá verter por leste mesmo tubo case 1000 millóns de litros anuais procedentes das plantas de mina ata o de agora asolagadas.
Ecoloxistas en Acción e decenas de colectivos, incluíndo as confrarías de pesadores,
demandaron á Xunta esta mesma semana que revogue de inmediato a autorización de vertedura, por incumprimento do condicionado, xa que a propia empresa anunciou #ante a bolsa australiana que non dispón de financiamento para acometer as obras previstas e, moito menos, para asumir as consecuencias dun potencial desastre multimillonario.
A tan só 7 km augas abaixo máis de 10.000 postos de traballo dependen directa ou indirectamente do marisqueo na ría, agora ameazados por unha mina que apenas promete 12 empregos segundo o seu proxecto de explotación.
As confrarías, que encabezan unha plataforma comarcal contra as verteduras, convocaron unha gran mobilización de protesta nas minas este sábado, día 8 de xullo, ás 11:00 horas. Ecoloxistas en Acción, que tamén se atopa entre os convocantes, anima a todo o mundo a unirse para defender un espazo natural único como a ría de Muros-Noia.

Outros artigos

O Culturgal Expandido recala en Muros entre o 16 e o 18 de outubro

Artur Puga O Mercado Municipal de Muros acollerá entre o 16 e o 18 de outubro (de venres a domingo) a edición 2026 do Culturgal Expandido, coa colaboración da Deputación da Coruña e o Concello de Muros. O programa inclúe actividades para todas as idades e a presenza...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.