Rescatado un ciclista na Pobra do Caramiñal tras precipitarse a un río

04 Xullo 2023


O home caeu dunha altura duns catro metros e tivo que ser trasladado ao Hospital do Barbanza
un ciclista que circulaba onte por unha das sendas forestais da Pobra do Caramiñal (A Coruña) tivo que ser rescatado tras precipitarse a un río desde unha ponte.

Un amigo que lle acompañaba foi o que deu a voz de alarma ao 112 Galicia, enviando o punto exacto da localización onde se atopaba o ciclista. Ata o lugar desprazáronse membros dos Bombeiros de Boiro, axentes da Garda Civil e a Policía Local da Pobra, así como sanitarios do 061.

Os feitos producíronse sobre as 20:30 horas da tarde do pasado luns, cando o home caeu da súa bicicleta e precipitouse por un terraplén duns catro metros de altura. O ciclista chocou contra un ferro de formigón, sufrindo feridas importantes.

Os servizos sanitarios do 061 tiveron que trasladar ao ferido ao Hospital do Barbanza.

Bombeiros de Boiro

Outros artigos

Espazos Sonoros chega á Pobra con Sara Ruiz, este 26 de setembro

O ciclo Espazos Sonoros 2026, organizado pola Deputación da Coruña, fará parada no concello da Pobra o vindeiro sábado 26 de setembro cunha xornada que combinará música, patrimonio, historia e literatura e que conta coa colaboración do Concello da Pobra do Caramiñal....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.