O Concello de Dodro informou do remate dos Obradoiros de Memoria celebrados esta tempada de inverno e primavera e que, segundo confirmaron fontes do Goberno local, terán continuidade en setembro, dando acubillo ás veciñas e veciños que participaron nas actividades esta tempada e “todas e todos os que desexen apuntarse por vez primeira”.

Os Talleres de Memoria foron organizados polo departamento municipal de Asuntos Sociais e dirixíronse a mellorar, con diferentes actividades (xogos, exercicios, obradoiros creativos) a autonomía, a saúde e a calidade de vida da veciñanza, poñendo o foco nos maiores de 60 anos.

As accións leváronse a cabo en Traxeito, en Lestrobe, en Imo, en Tallós, en Teaio e en Bexo.




