“Dunha bañeira de zinc a unha lancha de plástico”. Antón Luaces

01 Xullo 2023

As bañeiras de cinc deron moitas alegrías a un país -España- que tentaba deixar atrás as consecuencias dunha guerra civil que marcou a historia e vida de todas e cada unha das familias sobreviventes da traxedia que dividiu en dous a unha poboación máis ou menos sempre ben levada. Desde aparello para acarrexar polbos aos mercados ata baño para toda a familia, a bañeira de cinc foi utilizada ata que, aló polos anos 50, as funcións que desempeñaba pasaron a ser asumidas por bañeiras semellantes, feitas con plástico, un material que hoxendía está creando máis problemas que solucións da a aqueles que o empregan, mesmo para un uso exclusivo -como poden ser vasos, culleriñas, etc.- a outros multiusos que, ao igual cos primeiros, van parar aos contedores sen outro remedio.  E todo este material plástico non fai senon incrementar a xa longa lista de materiais contaminantes que afectan ás nosas vidas.

Porque resulta evidente que o planeta Terra está a se ver abafado polo plástico.

Tan é así que só entre 2003 e 2016 producíuse a mesma cantidade de plástico ca en todos os anos anteriores xuntos. Hoxendía, territorios africanos, asiáticos, centroamericanos, etc., que descoñec

Ian e, pñolo tanto, non o usaban, teñen ao plástico como elemento irrenunciable.

O máis alarmante é, segundo datos de WWF, que máis do 60% de todo o plástico algunha vez producido, xa se converteu en refugallo e que os plásticos dun só uso representan entre o 60 e o 95% da contaminación de mares e océanos.

Son refugallos que destrozan os nosos ecosistemas e acaban coas vidas de baleas, escualos e tartarugas mariñas, entre outros que quedan prisioneiros nas redes , asfixiadas na inxesta de plástico no 90% das especies avaliadas.

Refugallos que, a miúdo, rematan no noso proprio organismo.

Acadado xa un Tratado para protexer o 30% da superficie mariña para 2030, as organizacións ecoloxistas poderán actuar no vieiro de librarnos dun novo tratado para prohibir a produción de  plástico innecesario, reducir o consumo e reutilizar e xestionar os refugallos de xeito sustentable.

De non ser así, o futuro  ten pouco, moi pouco que dicir para as actuais xeracións: Europa só recicla un terzo do material plástico que produce. En 1950 esta produción era dun millón e medio de toneladas, e na actualidade supera os 359  millóns de toneladas. A UE traballa para reducir os refugallos e aumentar a taxa de reciclaxe. O 25% deses refugallos elimínase en vertedoiros e formula a necesidade de que en 2030 todos os envases de plástico sexan reciclables na UE, así como que se reduza o consumo de plásticos dun so uso uso e o uso de microplásticos.

Outros artigos

“Servizos públicos de calidade” – José Manuel Pena

Unha gran parte de cidadáns, responsables e comprometidos, déronse conta de que se está privatizando a sanidade, a educación ou a dependencia, piares fundamentais de calquera país moderno e democrático. A usura e a corrupción de moitos gobernantes poñen de manifesto...

+

“A roda e a dorna do Museo do Pobo Galego”. José A. López Silva

En setembro de 1936, na Estrada, membros da Falanxe local prenderon un profesor do instituto e obrigárono a varrer as rúas da vila a punta de pistola. Algún deles, probablemente, fora alumno seu. O 12 de novembro notificáronlle a suspensión de emprego e soldo. Ese...

+

“El ‘calvario’ de Óscar Puente” – José Antonio Constenla

Si algo retrata a las personas es esencialmente lo que hacen o dejan de hacer, lo que piensan y cuentan (incluso lo que no cuentan) y desde luego, lo que defienden en público. Todo ello acaba dibujando y comunicando la manera que se entiende la política, el servicio...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Una desgracia peor que la de Adamuz”. José Fernández Lago

“Una desgracia peor que la de Adamuz”. José Fernández Lago

Esta, sufrida en Urda, ha sido más dura, no solo por el número de muertos y heridos, sino también porque “llueve sobre mojado”. Las palabras “inverosímil e inexplicable”, del responsable de los transportes en España, no se sostienen ante el principio que hemos...

“Fieles Difuntos”.  Manuel Dominguez III

“Fieles Difuntos”. Manuel Dominguez III

Dia dos de Noviembre, esta será tu casa. Año 985-998: La conmemoración fue instituida en Francia por el monje benedictino San Odilón, abad de Cluny, quien ordenó que en todos los monasterios de su orden se rezara por las almas de los difuntos cada 2 de noviembre. Esta...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.