O Auditorio Municipal de Ribeira acolleu este venres 30 de xuño pola noite a clausura oficial da novena edición do programa Xuño da Cultura e as Artes tras a celebración ao longo do mes dun cento de actividades, coa implicaci-on de máis de corenta asociacións e entidades na súa posta en marcha.

O acto contou coa participación do alcalde en funcións, Manuel Ruiz, e máis da concelleira de Cultura, María Sampedro. Ademais de ter lugar a entrega de diplomas e agasallos institucionais ás entidades participantes, a cita contou coa actuación do grupo de canto e pandeireta As Sete Linguas da Asociación Francisco Lorenzo Mariño.

Cúmprense así os obxectivos dun evento que naceu con tres obxectivos fundamentais que se seguen a manter edición tras edición como son:
• Poñer en valor o traballo cultural do tecido social do municipio.
• Mostrar a cultura na rúa a través de diversas actividades culturais en todas as disciplinas artísticas.
• Realizar polo menos un acto cada día do mes de xuño, combinando a cultura de pequeno formato cos medianos eventos adaptados as actuais circunstancias.




