
As cores do Arco da Vella teñen na actualidade unha simboloxía que nuingujén presuponía íkka acadar cando, aló polos anos 60, parte da sociedade ía á percura dunha bandeira que simbolizara a paz. En 1961 Italia comezou a utilizar a bandeira coas cores do Arco da Vella e a verba “pace” (paz en italiano) ata ser asumids polo movemento “Pace da tutti i balconi” (Paz desde todos os balcóns), un chamado a colgar esas bandeiras nos balcóns como xeito de adhesión ao desexo de paz. En Milán falábase de que había penduradas nos balcóns e ventás máis dun millón e medio destas bandeiras en protesta pola guerra de Iraq.
Pero o tempo espertou outras necesidades de expresión que foran ben entendidas pola ciudadanía do mundo e asumidas internacionalmente como un significado identitario. Asi, os movementos sociais polos dereitos dos cidadáns gais, lesbianas, bisexuais e transexuais (LGTB) elixiron como símbolo a bandeira coas cores do Arco da Vella, eliminando a cor celeste.
A bandeira da paz, de sete cores, é semellante á bandeira do orgullo gai, pero esta ten seis (ao carecer do azur, denominado asimesmo turquesa).
A bandeira do orgullo gai foi utilizada na celebración do desfile lésbico, gai, bisexual e transxénero en San Francisco. Na coñecida popularmente como Marcha do Orgullo de San Francisco, manifestación e festival que ten lugar cada ano en xuño (25) na cidade estadounidense. Pero a bandeira ten outras connotacións anteriores, por exemplo co movemento hippi, se ben hai histyopriadores que o deseño de tales bandeiras se remonta ao antigo Exipto.
Todo isto é o que tentan derrogar partido políticos coma VOX e parte do PP, nun enfrontamento sen sentido que esquece a verdeira vontade dos que deseñaron unha bandeira universal como símbolo da paz e contra a que eles se levantan ao considerar que se trata de bandeiras que atacan ls principios dunha sociedade que non queren recoñecer como baseadas no máis puro machismo.



