Co inicio da tempada estival, o mercadiño de Aguiño retomará a súa actividade a partir deste luns 3 de xullo.
Así o confirmou o Concello de Ribeira, explicando que “unha vez máis estará enclavado na recentemente remodelada rúa Castelao, con previsión de contar dez postos de alimentación e vinte dous de produtos téxtiles”.
O mercadiño estará aberto todos os luns en horario de 9 a 14 horas.
Cabe lembrar que a iniciativa de abrir un mercadiño nesta localidade xurdiu no verán do 2018 coa fin de contribuír á súa dinamización social e comercial, repetíndose cada ano a excepción do 2020 por mor da irrupción do coronavirus.




