“Corruptos” – José Manuel Pena

26 Xuño 2023

A desigualdade social e a corrupción son dúas materias pendentes nos nosos pobos e cidades. Moitos cidadáns senten como algo normal a corrupción política, empresarial e mediática para o enriquecemento económico e o progreso persoal dos propios corruptos e as súas familias. É algo inherente á propia sociedade e mesmo os controis legais despregados polas diferentes administracións públicas, organismos ou entidades privadas non impiden que se atopen camiños pouco visibles para os defraudadores e corruptos á conta do erario público.

Crense impunes e líderes dunha sociedade marcada polo poder. Non fai falta mirar moi lonxe para atoparnos con casos de abusos do poder público para beneficio persoal e privado. É necesario mirar ao noso ao redor e atoparnos con esas vivendas unifamiliares construídas en núcleo rural ou en solo non urbanizable, ou ben ese edificio de seis plantas e ático, cando tiña licenza municipal de obras limitada a case a metade da altura. Esa industria que nace instalada nun núcleo urbano, á beira das vivendas unifamiliares, cando tería que estar nun polígono industrial. Adxudicación de contratos de traballo a dedo, xustificados como subscribidos para persoal de confianza. Algúns sobrecustes inxustificados de obras que duplican as orzadas inicialmente. Axudas públicas concedidas alegremente a empresas en crise, a propósito de que non van xerar máis riqueza nin emprego senón que están abocadas á súa disolución, a curto prazo.

Estas e outras moitas actuacións e situacións poñen en evidencia o tradicional costume da libre circulación de sobres con diñeiro ou as múltiples adxudicacións de obras e axudas públicas ás mesmas empresas e persoas, sen que salten as alarmas dos controis públicos.

Outros artigos

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

+

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Loita nas rúas e nos despachos” – José Manuel Pena

“Loita nas rúas e nos despachos” – José Manuel Pena

Bandeiras anticonstitucionais e falanxistas, cánticos franquistas, insultos e odio cara a todos aqueles que non pensan como eles, é a imaxe desagradable e vergoñosa que demostraron un grupo de mozos, algúns menores de idade, na capital de España. Algúns nos...

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.