Rianxo festexa os primeiros días de Nadal con música, teatro e unha carpa de xogos

16 Decembro 2019

O concello de Rianxo vai ser todo el, estes días, un máis que completo escenario para diversas e complementarias celebracións do Nadal. Se os días pasados falamos do certame teatral que prepara a agrupación Airiños en Asados, un exhaustivo cartaz de representacións para seareiras e seareiros de todas as idades, a semana festiva compleméntase co Festival de Nadal que se celebra o domingo 22, a partir das 19.00 horas (organizado por Fogo Fatuo en colaboración co Concello, con entrada de balde até completar o aforo), e coa cita musical que prepara a Escola de Música de Rianxo, o sábado 21, cunha primeira sesión ás 12.00 horas e unha segunda ás 18.00 horas. Este Festival de Nadal tamén se vai celebrar no Auditorio e tamén conta coa colaboración do Concello, que recorda que se poderán retirar dúas entradas por persoa (unha hora antes de cada concerto).

A maiores de todo isto, lembrar á veciñanza de todas as idades que poderá desfrutar de actividades festivas na praza de Castelao, entre os días 24 e 31 de decembro, coa Carpa de Nadal que organiza o Concello, en horario de 11.30 a 13.30 horas (días 24 e 31) e de 11.30 a 13.30 e 17.00 a 20.00 (días 26, 27, 28 e 30), dando acubillo a obradoiros, música, maxia, actividades multimedia, xogos en familia ou contacontos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“500 noites” – Xulio Xiz

“500 noites” – Xulio Xiz

O dato das 500 noites lembroumo o pasado San Froilán o magnífico Carlos García-Boente Carro, á fronte de La penúltima sabinera, que foi debullando os éxitos de Joaquín Sabina diante do entusiasmo dos presentes, deixando para o remate os dous temas para min máis...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.