Airiños achega este Nadal en Asados un completo programa de espectáculos teatrais

12 Decembro 2019
Un intre da representación de Unha primavera para Aldara

O Nadal é tempo de celebracións, pero tamén son días moi indicados para mergullarnos na cultura. Esta é precisamente a proposta da agrupación teatral Airiños, que, xunto co Concello de Rianxo, vén de preparar un completo programa de espectáculos teatrais para a parroquia de Asados (no Centro Social da Atalaia). O programa Veladas de Inverno abrirase este venres 13, ás 19.30 horas, cunha peza de teatro infantil a cargo de Pereira de Lobos. Trátase do espectáculo Boas Noites, que ten como protagonista a unha nena que aínda non foi quen descubrir as vantaxes de descansar e durmir logo dunha intensa xornada de troula e xogos.

As actividades proseguen o sábado 15, cun contacontos ás 19.30 horas a cargo do Teatro Airiños, e o venres 20 cunha nova entrega de teatro para a rapazada, da man de Ogue 5 (Escola de Teatro Airiños), baixo o título Unha de contos descontados. Esta peza está prevista para as 19.30 horas.

As representacións continúan en Asados o sábado 21, con teatro xuvenil a cargo de Patakamakabra, da Escola de Teatro Airiños, que representarán a peza Lendatarias a partir das 19.30 horas.

Ao día seguinte, domingo 22, será a quen novamente de Teatro Airiños, que escenificará Unha primavera para Aldara, a partir das 18.00 horas. Como lembrarmos, Unha primavera para Aldara está dirixida por Amantia Coello e baseada nun texto de Teresa Moure, autora tamén de Herba Moura ou Ostrácia (a vida da amante de Lenin, Inessa Armand). A obra lévanos da man á Galicia do século XV, durante a Revolta Irmandiña, máis polo miúdo á vida dun convento rexido pola abadesa Aldara Eáns, que discorre con tranquilidade até que chega ás súas portas, en primavera, un guerreiro irmandiño ferido, Don Nuno, pedindo acubillo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Fronteiras”. Xulio Xiz

“Fronteiras”. Xulio Xiz

Axiña fará catro anos que físicamente nos deixou Darío Xohán Cabana, pero segue entre nós coa obra que nos deixou, especialmente aos chairegos, marcados para sempre.Pensei en Darío estes días cando a invasión de Ceuta por milleiros de marroquís, nova marcha verde,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.