A procesión en honra da Virxe do Carmen que terá lugar en Portosín o 13 de agosto contará cun presidente de honra de excepción, nada menos que Felipe VI.
Segundo recolle La Voz de Galicia, o patrón maior, Isaac Gaciño, explicou que, hai dúas semanas, o depósito remitiu un escrito ao palacio da Zarzuela convidando o rei e á raíña para asistir aos actos en recoñecemento da patroa dos mariñeiros.
A entidade de Portosín recibiu un escrito da Casa do Rei no que se indica que Felipe VI acepta a invitación para ser presidente de honra.




