O próximo sábado 1 de xullo vaise celebrar no Círculo Mercantil de Ribeira unha velada de degustación e exaltación do polbo á feira. Será a partir das 20.00 horas, con reserva previa a través de correo electrónico ou na cantina do Círculo Mercantil. A data límite para o pago é este próximo mércores 28 de xuño. O prezo será de 10 euros por persoa e inclúense entrantes e sobremesa (postre). As prazas son limitadas.




