Este luns 19 de xuño un único acertante resultou agraciado nada menos que cun premio de 1.032.331,38 euros en Porto do Son. A combinación de seis números é a seguinte: 4, 10, 12, 14, 33 e 45. Complementario o 6 e reintegro o 5.
O boleto foi selado na administración número uno, emprazada na vila sonense, concretamente na rúa da Igrexa 13. Non é a primeira vez que esta administración reparte sorte entre os seus clientes.




