Perde a vida un motorista en Lousame

17 Xuño 2023

Colidiu co seu vehículo contra turismo na AC-543, en Toxos, Lousame.

Segundo a información recollida no 112 Galicia, o sinistro produciuse minutos antes das once da pasada noite, e pouco se puido facer por salvar a vida do motorista.

Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 deron a voz de alarma sobre o accidente cando unha dotación ía xa en camiño. Pola súa parte, os xestores do 112 pediron a colaboración dos membros do GES de Noia, así como dos axentes da Garda Civil de Tráfico.

Tamén recibiron información sobre o suceso os Bombeiros de Boiro, pero a vítima estaba liberada e accesible e descartouse a súa intervención. 

En canto á actuación dos efectivos do GES de Noia, cómpre indicar que, ademais da súa colaboración co persoal médico, limparon a vía co fin de recuperar as condicións de seguridade necesarias. 

Outros artigos

O Culturgal Expandido recala en Muros entre o 16 e o 18 de outubro

Artur Puga O Mercado Municipal de Muros acollerá entre o 16 e o 18 de outubro (de venres a domingo) a edición 2026 do Culturgal Expandido, coa colaboración da Deputación da Coruña e o Concello de Muros. O programa inclúe actividades para todas as idades e a presenza...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.