Stop Deshaucios Barbanza vén de informar dun novo caso de fogar en risco da nosa comarca, concretamente de Ribeira, que corre perigo de quedar sen opción habitacional. De feito atópase no punto de mira dun fondo de investimento que quere desaloxar a familia tras mercar a súa débeda e máis a propiedade do piso á entidade financeira Abanca, cando esta última estaba a negociar un alugueiro social para o núcleo familiar.
Agora a familia pretende opoñerse ao desafiuzamento solicitando a correspondente asistencia xurídica gratuíta para que o fondo de investimento se incline a negociar de acordo coa actual lexislación facilitando a permanencia na vivenda habitual da familia tras a concesión dun alugueiro social ou unha moratoria, debido á situación de vulnerabilidade da familia, con dous membros, un dos cales ten ademais un grao de incapacidade importante.




