BNG, PBBI e PSOE pactan a alcaldía e o goberno local de Ribeira

15 Xuño 2023

BNG, PBBI e PSdeG-PSOE, asinan un acordo para facerse co goberno local de Ribeira. Os grupos políticos asinantes deste acordo de goberno comprométense a traballar de maneira prioritaria no vindeiro mandato 2023 -2027 nas seguintes liñas de traballo:
-Elaboración duns Orzamentos que respondan ás necesidades básicas da poboación e reduzan o dispendio no Concello de Ribeira.

-Fomento do emprego e do dinamismo económico de Ribeira, materializando o novo Polígono Industrial de Pedras Vermellas e promovendo actuacións encamiñadas á mellora do desenvolvemento
económico, comercial e empresarial do noso concello.

-Impulso e traballo conxunto cos sectores produtivos estratéxicos de Ribeira, nomeadamente o sector do mar mediante actividades e medidas destinadas a súa proxección, dinamización e posta en valor.

– Aumento das partidas destinadas a mantemento e limpeza das infraestruturas, das vías, dos equipamentos e dos espazos públicos.

-Aposta polos servizos públicos para que sexan prestados directamente por parte do Concello de Ribeira, estudando a municipalización dos servizos concesionados unha vez remate o contrato.

– Desenvolvemento dun novo modelo de concello no que se prioricen actuacións para dotar de servizos básicos -saneamento, auga potable, alumeado- á poboación.

– Planificación das actuacións urbanas que garantan a accesibilidade universal, espazos verdes e unha correcta ordenación do tráfico que mellore a mobilidade do concello e a calidade de vida da veciñanza.

-Democratización do Concello de Ribeira abrindo canles de participación veciñal, atendendo á veciñanza e fomentando a transparencia en todos os ámbitos da vida municipal.

-Defensa dos servizos públicos do concello con esixencia máxima para a mellora da sanidade pública e do ensino público, demandando dende o goberno local que Ribeira conte coas infraestruturas e co persoal sanitario que precisa; así como co profesorado e instalacións educativas que necesita a comunidade educativa.

-Compromiso coa lingua galega, coa cultura e co deporte para favorecer o deporte de base e a realización de actividades deportivas, culturais e sociais ambiciosas.

-Desenvolvemento de alternativas de formación, ocio e participación da mocidade. Impulsando as actuacións necesarias para que Ribeira sexa un concello no que as mozas e mozos poidan estudar, vivir e traballar.

A alcaldía será pois para o BNG na persoa de Luís Antonio Pérez Barral. O acordo de reparto das áreas foi asinado por Pérez Barral, por Vicente Mariño de Bricio e POR Francisco Suárez-Puerta Colomer.

As formacións políticas asinaron este xoves ese acordo co reparto de concellerías que quedarán do seguinte xeito:

  1. Urbanismo, Persoal, Seguridade Cidadá, Mobilidade e Normalización
    Lingüística. (BNG)
  2. Cultura, Mocidade, Medio Ambiente e Benestar Animal. (BNG)
  3. Infraestruturas e Mantemento, Deportes, Transparencia e Participación
    Veciñal. (BNG)
  4. Educación, Formación, Igualdade, Diversidade e Atención ás Parroquias.
    (BNG)
  5. Promoción Económica, Emprego e Consumo. (BNG)
  6. Servizos Sociais e Mercados Municipais (PBBI)
  7. Economía e Facenda (PBBI)
  8. Medio Rural saneamento, dotación auga, limpeza e montes
  9. Sanidade (PBBI)
  10. Mar (PBBI)
  11. Turismo, Festexos, Relacións Institucionais e Novas Tecnoloxías (PSOE).

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.