Os premios literarios da Deputación reciben máis de 470 obras nas convocatorias deste 2023

13 Xuño 2023

A Deputación da Coruña recibiu un total de 473 obras nos seis premios literarios convocados este ano. Trátase dos certames Manuel Murguía de Ensaio, Castelao de Banda Deseñada, Rafael Dieste de Teatro, Raíña Lupa de Literatura Infantil e Xuvenil e Torrente Ballester de Narrativa en galego e castelán. Entre os meses de xuño e novembro reuniranse os seis xurados para conceder os galardóns cunha dotación económica de 62.500 euros, ademais da edición e publicación das obras gañadoras.

Trinta autoras e autores forman parte dos xurados deste ano con nomes tan recoñecidos como Diego Ameixeiras, Ledicia Costas, Teresa Moure, Inma López Silva, David Rubín ou Cristina Sánchez–Andrade. Na listaxe de integrantes tamén podemos atopar autores da nosa comarca, como oi pobrense Manuel Gago. No verán reuniranse os xurados do Murguía de Ensaio, o Castelao de Banda Deseñada e o Dieste de Teatro e, xa no outono, será a quenda dos xurados do Raíña Lupa e Torrente Ballester.

Xullo: Encontro lector con David Rubín

O Premio Castelao de Banda Deseñada chega neste 2023 á maioría de idade, hai dezaoito anos que David Rubín gañaba a primeira edición convocada en 2005 coa obra Onde ninguén pode chegar. Desde entón ata hoxe, Rubín converteuse “nunha referencia da banda deseñada a nivel estatal e internacional” e volve ao Castelao como membro do xurado para celebrar os dezaoito anos do Premio.

David Rubín visitará a cidade da Coruña o 18 de xullo para participar na reunión do xurado e, ademais, manterá un encontro aberto cos seus lectores nun espazo cultural da cidade. O autor repasará a súa traxectoria desde que gañou o Premio Castelao ata hoxe e asinará exemplares da súa última obra, Lume.

Setembro: Lemos teatro

Como novidade deste ano, o servizo de Cultura da Deputación pon en marcha un obradoiro para ler teatro ao abeiro do Premio Rafael Dieste na Biblioteca Provincial da Coruña. Durante catro semanas de setembro e outubro, o último gañador do Dieste, Roberto Pascual, coordinará un obradoiro para ler, contextualizar e descubrir escritoras e escritores teatrais das nosas letras e do noso proceso de emerxencia cultural. O obxectivo é que o premio convocado pola Deputación sirva para incentivar a escrita pero tamén para “educar” público lector de teatro.

Nese obradoiro, para o que se abrirá un prazo previo de inscrición, participarán actrices, dramaturgas e creadoras escénicas como María Vázquez – protagonista da exitosa película galega Matria – , a rianxeira Esther F. Carrodeguas, Marián Bañobre ou Rocío González

Novembro: Galicia, territorio literario

A concesión de premios literarios pecharase o 10 de novembro coa reunión dos xurados do Premio Torrente Ballester no Pazo de Mariñán. Un encontro que é tamén unha festa da letras coa convivencia no Pazo de Escritores, escritoras e xornalistas culturais para decidir cales son as dúas obras gañadoras en galego e castelán.

Ademais, tras o Conclave de Mariñán, esa tarde do 10 de novembro haberá un encontro aberto ao público para falar de Galicia como territorio literario con tres das persoas que este ano forman parte dos xurados do Torrente: Diego Ameixeiras, Ledicia Costas e Cristina Sánchez–Andrade. Os tres, explica a Deputación, “son referentes actuais e atopan en Galicia a inspiración para a súa literatura, ata o punto de convertela case nunha protagonista máis”, e conversarán con Susana Pedreira, comisaria dos Premios Literarios, nunha libraría da Coruña.

Tres décadas premiando a creación

Desde 1989, a Deputación contribúe á produción literaria coa convocatoria de certames literarios que buscan acrecentar a calidade fabuladora e a creatividade que caracteriza as nosas autoras e autores, e coa vontade de homenaxear a figuras relevantes da cultura galega como Dieste, Murguía, Castelao ou Torrente Ballester.

Nestas tres décadas, a nómina de premiados inclúe nomes imprescindibles na actualidade como Manuel Rivas, Blanca Riestra, Agustín Fernández Paz, Luisa Castro, Ignacio Martínez de Pisón, Marilar Aleixandre, Andrea Maceiras, Roberto Vidal Bolaño ou Teresa Moure.

Outros artigos

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.