Media ducia de establecementos da comarca adheridos ao programa autonómico de axudas para mercar bicis eléctricas

12 Xuño 2023


A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, volve lanzar en 2023 o programa EBici, dirixido ao fomento do uso de bicicletas eléctricas con pedaleo asistido e de bicicletas de man híbridas ou eléctricas para cadeiras de rodas, mediante unha liña de subvencións para a súa adquisición.

As axudas xa se poden solicitar e hai máis de 100 establecementos adheridos, media ducia deles na nosa comarca. Estes bonos pódense pedir ata o 15 de novembro ou ata que se esgoten os fondos de 1,7M€ previstos. Polo Barbanza participan os seguintes puntos de venda: Bicis Quintena (Ribeira), E. Varela e Hijos (Rianxo), MC Bikes Noia (Noia), Sportbike Galicia (Ribeira), Electrodomésticos Caracas (Noia) e Electrodomésticos Otero (Boiro).

As subvencións do programa EBici están deseñadas para “fomentar o uso de bicicletas eléctricas ou bicicletas de man híbridas ou eléctricas, e facilitar a súa compra”. Deste xeito, favorecerase que os desprazamentos cotiás de curta distancia se realicen de forma sustentábel, reducindo as emisións de gases de efecto invernadoiro ao tempo que se rebaixa a contaminación acústica. Ademais, supón unha mellora na saúde das persoas ao promover a actividade ao ar libre e o exercicio físico.

Outros artigos

Pepita Vidal Pérez: a costureira que descubriu a poesía aos 62 anos

Luís Pérez Crujeiras (texto). Ribeira, 22 de xaneiro de 1948. A vida de Pepita Vidal Pérez é unha historia de esforzo, oficio e talento inesperado. Nacida nunha familia humilde, traballou desde nena na tenda familiar mentres a súa nai estaba na praza do mercado,...

+

Boiro sumou forzas contra o cancro cunha cadea humana no centro da vila

A Asociación Española conta o Cancro de Boiro conmemorou na tarde deste sábado 17 de outubro o Dia Mundial da Loita contra o Cancro de Mama, que se celebra o 19 de outubro, cunha gran cadea humana e a realización dun lazo na rúa peonil de Boiro. Durante estes días o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

Francia convive cada cierto tiempo con pequeñas revoluciones o estallidos sociales que,aunque comparten escenarios, responden a causas diferentes. Recuerden la revoluciónde Mayo 68 de la que Daniel Cohn-Bendit, uno de sus líderes, dice que entonces losjóvenes eran...

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.