A Escola de Música Municipal de Outes vai conmemorar o remate do ano académico cunha gran celebración na que facer balance dos importantes avances dados este ano polas promesas locais da música e, tamén, no que achegar detalles e claves sobre o vindeiro curso (prazos, obxectivos, prazas, etc). Será este sábado 17 de xuño ás 20.00 horas, no espazo museístico da carpintaría de ribeira tradicional de Outes e comarca, o Estaleiro de Ciprián (Broña), recentemente remodelado e posto a punto polo Concello.




