En Ribeira, sete feridos nun accidente que implicou a tres coches

12 Xuño 2023

Aínda que un dos vehículos quedou envorcado sobre un dos carrís de circulación, afortunadamente tódolos implicados permaneceron liberados e accesibles á chegada dos servizos de emerxencias.

O 112 tivo constancia do sinistro a través dunha chamada do persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, instantes despois das 22:45 horas da noite: tres coches colidiran na AC-550 á altura de San Martiño de Oleiros, en Ribeira.

De inmediato, desde o 112 informouse aos Bombeiros de Ribeira, aos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local e aos operarios de conservación da estrada.

Unha vez evacuados os catro feridos por parte dos servizos sanitarios, os Bombeiros procederon coas tarefas de limpeza da vía para restablecer a circulación.

Por outra banda a dotación de garda dos bombeiros do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña con base en Ribeira foron movilizados na xornada de onte por mor dun accidente de tráfico na AC-550 na parroquia de Oleiros no Concello de Ribeira.

Bombeiros Ribeira

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.