Un dos homes atrincheirados na mañá deste sábado 10 de xuño nunha vivenda de Boiro tras presuntamente agredir á súa parella foi detido por axentes da Garda Civil. Tras máis de seis horas de negociacións, os dous homes saíron “de forma voluntaria” do inmoble, segundo fontes consultadas por Europa Press.
O presunto agresor foi detido ao saír do inmoble, mentres que o seu irmán quedou en liberdade ao non existir cargos. Os feitos ocorreron na madrugada deste sábado nun piso situado na avenida de Barraña da localidade coruñesa de Boiro. A vítima, unha muller, logrou saír da vivenda, pero os irmáns permaneceron atrincheirados ata mediodía, sobre as 14:30 horas.




