Ribeira, Artes, Aguiño, Corrubedo, A Pobra, Noia, Rianxo, Boiro e O Son engalanan as súas rúas para celebrar este domingo 2 de xuño o Santísimo, Corpus Christi ou Solemnidade do Corpo e o Sangue de Cristo, antes chamada Corpus Domini, unha festa da Igrexa católica destinada a celebrar a Eucaristía

En Ribeira a procesión sairá do Monumento o Sagrado Corazón de Xesús e percorrerá a rúa ata a Praza da Igrexa. Todo o percorrido estará cuberto de frores. Será a partir das 12 da mañá cando se inicie a procesión para despois celebrala misa na Igrexa Parroquial.
Tamén Nosa Señora do Carme de Aguiño celebra as 11 o Corpus e ás 12 faranno as parroquias de Artes e Corrubedo
En Santiago do Deán, na Pobra. Os tapices estarán todo o día ao dispor do público, xa que a procesión non terá lugar ata que finalice a misa das 19.00 horas. Os actos litúrxicos completaranse coa música que poñerán o grupo de gaitas Xiada e o Ateneo Musical.
As rúas de Noia tamén se engalanarán o domingo para recibirá ao Santísimo, que sairá en procesión tras a misa das 19.30. A liturxia será cantada pola Coral Polifónica e no desfile actuará a banda Vila de Noia.
En Rianxo hai prevista unha misa ás 11.00 e outra ás 19.00, esta última seguida de procesión. Da música encargaranse a banda local pola mañá e o grupo Alkar pola noite.
O Santísimo tamén percorrerá a contorna da igrexa de Lampón, en Boiro, que se engalanará con tapices florais. Neste caso a procesión, que contará coa participación da banda de música de Lousame, será despois da misa das 12.45.
En Porto do Son a misa terá lugar ao mediodía. Tamén haberá celebración do Corpus na parroquia ribeirense de Artes.




