A Festa Hortera do Son renderá homenaxe a Tina Turner, falecida este mes de maio

09 Xuño 2023

A Festa Hortera de Porto do Son, un dos grandes eventos charramangueiros do panorama galego e estatal, celebrarase novamente este verán, a primeira fin de semana de agosto (días 4 e 5) e cunha novidade importante no programa de actividades: unha homenaxe á cantante recentemente falecida Tina Turner que se reflectirá nas actividades convocadas e, tamén, nos atavíos de boa parte das persoas participantes.

“Non o dubidamos nin un segundo, en canto soubemos da despedida de Tina Turner (o pasado 24 de marzo en Suíza) tivemos claro que era necesario renderlle tributo”, informou a organización da festa dende as redes sociais, lembrando o carácter icónico da cantante, cuxas cancións e contribucións estéticas estiveron dende o comezo na cerna da festividade. De feito, o seu tema Simply the best acompaña algunha das fotos e vídeos máis icónicos da celebración (como se pode comprobar no seu Facebook). “Temos algo máis de 300 días para ir sacando as perrucas e preparando o brilli brilli”, sinalan os impulsores da festa, recordando a relevante contribución de Tina Turner á mesma.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.