O programa de Actividades Deportivas de verán en Outes achega múltiples alternativas para pequenos e maiores

08 Xuño 2023

O Concello de Outes presenta a oferta de Actividades Deportivas para os meses de verán de 2023. Podemos consultar o amplo programa de propostas na web municipal e, tamén, descargar a folla de inscrición dende o mesmo sitio en liña. Achéganse os seguintes bloques: Prazas en Movemento (desenvólvese os meses de xullo e agosto e inclúen zumba para adultos, zumba para nenos, pilates, full body e ioga), Escolas Deportivas (dende o 1 de xullo até o 31 de agosto, incluíndo tenis de mesa, tenis, iniciación a deportes de raqueta, atletismo-multideporte en colaboración co Club Atletismo Outes e fútbol) e Padexando (padexando no mar do Freixo e padexando pola costa).

O programa tamén inclúe tres Trofeos Concellos de Outes (Trofeo Concello de Outes de Fútbol, Trofeo Concello de Outes de Tenis e Trofeo Concello de Outes de Piragüísmo) e tres actividades achegadas polos clubs locais: o Club de Baloncesto Outes, o Club Bádminton Outes e o Club Escola de Piragüismo Outes. Polo que se refire ao fútbol, o programa incorpora as seguintes actividades formativas: o Deporcampus (campus organizado pola Fundación RC Deportivo en colaboración co Outes FC e o Concello, a desenvolver do 26 de xuño até o 20 de xullo no Campo do Conchido) e o Campus Juan Gómez Barreiro (organiza o Outes FC en colaboración co Concello no Conchido, do 3 ao 14 de xullo en horario de mañá).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.