Aparece san e salvo o veciño de Noia que levaba varias horas desaparecido

07 Xuño 2023

Un veciño de Noia de 75 anos que levaba desde as 11 da mañá desaparecido apareceu nunha leira próxima á piscina municipal, nun terreo que ten herba alta, o que puido despistarlle. Un veciño escoitou como chamaba polas súas fillas e deu o aviso. A pesar de que estaba mollado pola choiva caída durante toda a xornada, Armando Sendón atópase en bo estado, aínda que foi trasladado ao centro de saúde para ser examinado e presentaba un golpe na cara, polo que podería caerse.

Armando Sendón de 75 anos e que sofre alzhéimer saíu do seu domicilio, na zona de Barro, e ao non regresar para comer, algo que sempre fai, os familiares comezaron a preocuparse. Afortunadamente, o noiés foi localizado san e salvo a uns 300 metros de onde foi visto por última vez.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.