Consideran culpable de homicidio doloso ao acusado de matar á súa compañeira de piso en Boiro

13 Decembro 2019

O xurado popular considera culpable de homicidio doloso ao acusado de matar en Boiro á súa compañeira de piso a coiteladas durante unha discusión. Ademais, o xurado tivo en conta que S.V.P. estaba no momento do crime baixo os efectos do alcohol e cocaína, polo que se lle aplica a eximente incompleta.

No seu escrito, a Fiscalía solicitaba doce anos e medio de prisión. Agora terá que ser o maxistrado que presidiu o tribunal o que dite sentencia e decida que pena se lle aplica a S.V.P.

Os feitos remóntanse ao 2017 no domicilio da vítima, ao cal se trasladara o acusado dous meses antes do suceso. Aquela noite estiveron reunidos ata as 22.00 horas con outras persoas na vivenda e ambos consumiron cocaína, ademais de que o procesado inxeriu alcohol. Cando se quedaron solos, dispuxéronse a cear e, en medio da mesma, tiveron unha discusión que acabou coa muller acoitelada no baño.

Ante o sucedido, S.V.P. intentou facerlle torniquetes, procedendo tamén a chamar ao 112 para dar aviso, pero nada se puido facer.

O xuízo desenvolveuse na sección sexta da Audiencia Provincial, con sede en Santiago.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A crise nos nenos” – José Manuel Pena

“A crise nos nenos” – José Manuel Pena

A parella está sen traballo e unicamente perciben pouco máis de 600 euros mensuais. Teñen dúas nenas de 4 e 6 anos. A pasada semana comeron pasta e arroz porque non dispoñían de diñeiro e a prestación non entra, no caderno do banco, ata o día dez de cada mes. Desde...