O Concello de Boiro recibe unha subvención para a contratación de persoas perceptoras de RISGA

06 Xuño 2023

O Concello de Boiro recibiu unha subvención para a contratación de persoal en situación de risco ou exclusión social. Ao abeiro desta axuda, realizouse a contratación de dúas persoas preceptoras da RISGA (Renda de Inclusión Social de Galicia) durante 9 meses, para a revalorización de espazos públicos urbanos.

As dúas persoas contratadas como peóns comezaron este martes 6 de xuño a desenvolver traballos de limpeza a acondicionamento, prestando asistencia ás brigadas municipais e poñendo o foco na posta a punto espazos públicos urbanos como son parques e outras zonas de paseo e tránsito peonil.

O Concello explica que o obxectivo desta liña de subvencións é “favorecer a contratación temporal de persoas en risco de exclusión social coa finalidade de proporcionarlles a experiencia e práctica profesional necesarias para facilitar a súa inserción laboral”.

Para o financiamento destas contratacións o Concello de Boiro recibe da Consellería de Promoción do Emprego unha subvención por importe de 25.419,60 euros.

Outros artigos

Accidente de tráfico no acceso ao polígono de Espiñeira, en Boiro

Os bombeiros do parque comarcal provincial de Boiro recibiron unha chamada ao redor das 20:00 horas deste mércores 15 de maio alertando dun accidente de tráfico no acceso ao Polígono de Espiñeira coa estrada AG-11, no concello de Boiro. Á chegada dos bombeiros as...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O Barbanza: Cinco anos de xornalismo independente”

“O Barbanza: Cinco anos de xornalismo independente”

Hai cinco anos, en maio do 2019 nacía na súa edición dixital obarbanza.gal e uns días despois na de papel O Barbanza, sempre en galego e baixo a cobertura do Grupo Código Cero Comunicación. Dicíamos daquela que eramos un grupo de profesionais decididos a aventurarnos...