O mundo pictórico Abstracto de Ángeles Sanjurjo abre ao público na Pobra

05 Xuño 2023

Novo mes, nova exposición na casa da cultura Raquel Fernández Soler. As pinturas de Ángeles
Sanjurjo López integran a mostra Abstracto, que poderá visitarse na dita dependencia municipal da Pobra do Caramiñal.
A apertura terá lugar no 9 de xuño, ás 20.00 horas, nun acto organizado pola Concellaría da Cultura.
A artista nacida na Coruña estudou Belas Artes, en Valencia, para dedicarse á ensinanza, sen nunca renunciar a seguir pintando. Deste xeito nace unha serie de cadros nos cales a arte abstracta é o vehículo de expresión a través de distintas técnicas como a acuarela, a tinta chinesa, a acrílica ou o colaxe.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.