A Pobra achega cinco oportunidades para coñecer as Illas Atlánticas durante o verán

05 Xuño 2023

Un ano máis, a Concellaría do Turismo da Pobra do Caramiñal e a empresa Piratas de Nabia suman forzas para ofrecer travesías ao Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas. A concelleira do Turismo en funcións, Charo Varela, afirmou que “se prosegue así na aposta polo turismo náutico e para diversificar a oferta de actividades para o verán”.

A primeira das viaxes será ás Cíes no 25 de xuño, coa saída ás 09.30 e regreso ás 19.15 horas. O prezo, que inclúe unha ruta guiada, sitúase nos 33 euros por persoa adulta, nos 18 euros por neno/a de entre 4 e 12 anos, e de balde para idades inferiores.

As travesías náuticas proseguirán no mes de xullo para dirixirse á illa de Ons, no día 22, e a Sálvora, no día 16.

Esta última poderase coñecer tamén durante a tarde-noite na chamada ruta Starlight, no 5 de agosto, e retornarase á illa de Ons no día 13 dese mesmo mes para concluír así os periplos.

As reservas formalizaranse con antelación a través da páxina web www.piratasdenabia.com ou do teléfono de contacto 986482835. Ademais, a empresa encargarase da tramitación das autorizacións pertinentes de entrada ás Illas Atlánticas de optar pola vía telefónica; se non, será a propia persoa usuaria quen o faga pola vía telemática. Tamén se habilitan o 671090262 e 687482835 para a resolución de dúbidas.

Outros artigos

A Pobra foi este mércores unha proclama contra as violencias machistas

Con motivo do 25N, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, os xardíns Valle-Inclán acolleron na tarde deste mércores unha concentración para manifestar o rexeitamento a todas as formas de violencia machista e expresar o apoio e a solidariedade coas vítimas. O...

+

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“La transición y Carmen Díaz de Rivera” – Manuel Domínguez

“La transición y Carmen Díaz de Rivera” – Manuel Domínguez

La transición y Carmen Díaz de Rivera. 84 años de su nacimiento y 27 que nos dejo. Antes de hablar de la importancia de Carmen en relación a la transición, permítaseme, comenzar por el principio. Carmen tenía 17 años, quería oficializar su relación de noviazgo, con...